Casa do Pacio

Que visitar

Lugo
A capital da provincia, de rico patrimonio histórico-artístico no que sobresae a súa muralla romana, Patrimonio da Humanidade, está a unha distancia de trinta quilómetros –vinte minutos- da Casa.

LagOa de cospeito
Primeira Reserva da Biosfera declarada en Galicia. Os propios ríos, os seus afluentes, os bosques de ribeira asociados a eles e as lagoas constitúen unha das poucas zonas húmidas do interior de Galicia, e por iso contan tamén con outros niveis de protección, como o de ser Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.

mondoÑedo
A igual distancia, pero cara ó norte e envolto entre montañas, está Mondoñedo, antiga capital do Reino de Galicia e berce de grandes escritores. A cidade, estancada no tempo e presidida pola súa catedral, é unha visita obrigada.

a mariÑa
Uns quilómetros máis ó norte está a Mariña lucense, a gran descoñecida da costa galega. O seu litoral, que transcorre entre as vilas señoriais de Viveiro e Ribadeo, ofrece unha paisaxe de praias salvaxes e acantilados, que se mesturan dando como resultado lugares tan únicos como a Praia das Catedrais.

Castro de Viladonga
A vinte quilómetros da Casa atópase o castro celta máis importante da provincia de Lugo, onde se poden observar as súas dúas murallas concéntricas e coñecer polo seu museo a vida dos poboadores primitivos.

santiago
A capital de Galicia dista da Casa uns cen quilómetros -arredor de 70 minutos de viaxe-

a coruÑa
A noventa quilómetros da Casa

Muralla de Lugo  
Musieo Lugo
Lagoa de Cospeito  
Play de las Catedrales Catedral de Mondoñedo
 
Castro de Viladonga
  Santiago de Compostel