Casa do Pacio

na casa

A Casa do Pacio ofrece diverso equipamento de ocio: columpios, xogos de mesa, biblioteca, televisión e vídeo, música...

Pero, sobre todo, ofrece o silencio e a tranquilidade propios dunha zona, a Terra Cha, afastada dos grandes circuítos.

Os amantes da natureza terán ó alcance da man unha rica variedade de flora e fauna.

A carón da casa sae un camiño que, atravesando un bosque e seguindo a beira do río, conduce á lagoa de Cospeito, o humidal máis importante da Terra Cha.


Ruta Casa do Pacio - Lagoa de Cospeito

Ruta completamente cha e apta para familias e bicis que une a casa de turismo rural de Casa do Pacio coa Lagoa de Cospeito na Terra Cha luguesa.