Casa do Pacio

UNHA CASA NO CORAZÓN DA TERRA CHA

A Casa do Pacio é unha edificación de aldea construída no século XIX segundo a tradición da zona na que se empraza, moi perto da lagoa de Cospeito, na singular comarca da Terra Cha.

Temos rutas a cabalo e senderismo

O conxunto está formado por dúas vivendas:

• A CASA GRANDE

• A CASA DO CASEIRO

Rodeada por unha muralla, a casa acolle ademais dous patios. No dianteiro atópase o hórreo e o pozo. No traseiro, dende o que se accede a un soto de castiñeiros, están a palleira e mailo forxín.

A restauración da Casa do Pacio foi pensada para facer dela un espazo acolledor para o visitante, conservando, xunto coa estrutura e a construción orixinais, algúns elementos tan característicos como a lareira ou o forno de coce-lo pan.

<Vídeo>

Vista general
Pozo Palleira
Horreo Mapa